Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía 2018. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía 2018. Amosar todas as publicacións

mércores, 20 de febreiro de 2019

Viva Rosalía!


O vindeiro día 24, é o Día de Rosalía de Castro.

Nesta data celebramos e recordamos especialmente o nacemento desta ilustre poetisa galega. Imos comezar os nosos traballos. 






Estades preparados? 

Para comezar, imos a recitar este  fermoso poema: TECÍN SOIA A MIÑA TEA. 



Tecín soia a miña tea,
sembrei soia o meu nabal,
soia vou por leña ó monte,
soia a vexo arder no lar.

Nin na fonte, nin no prado,
así morra coa carrax,
el non ha de virm'a erguer,
el  xa non me pousará.

¡Que tristeza! O vento soa,
canta o grilo ó seu compás...
Ferve o pote... mais, meu caldo,
soíña t'hei de cear.

Cala, rula, os teus arrulos
ganas de morrer me dan;
cala, grilo, que si cantas,
sinto negras soïdás.

O meu homiño perdeuse,
ninguén sabe en onde vai...
Anduriña que pasache
con el as ondas do mar;
anduriña, voa, voa,
ven e dime ond'está.

Rosalía de Castro (1993). Follas Novas. (Vigo: Galaxia)

luns, 26 de febreiro de 2018

Día de Rosalía no cole!

Ao longo da semana pasada, estivemos a traballar a figura  de Rosalía de Castro, unha gran poetisa galega.

Seguindo a proposta dos Asociación de Escritores en Lingua Galega" Abre a fiestra e debuxa, recitar... fixemos  o seu retrato, traballamos varios dos seus poemas, recitámolos...






Hoxe,  para rematar a celebración e cos retratos de Rosalía convertidos en caretas, abrimos  a porta da nosa aula  para saír a recitarlle   o poema "Miña casa meu lar", aos compañeiros de sexto.


Xa de volta na nosa aula penduramos os retratos nas ventás.

venres, 23 de febreiro de 2018

Seguimos celebrando o Día de Rosalía!

Hoxe,  participamos na actividade proposta desde a concellería de cultura do Concello, pintamos o muro da parte de abaixo do noso patio xunto cos outros centros da localidade.

Alí nos estaba esperando a concelleira Elena Baz e Teresa, persoal do Concello.

 Explicáronnos como  levar a cabo a actividade. 





Todo estaba preparado, pinturas, pinceis, guantes.... o muro ben branquiño!!!




Atendemos moito ás explicacións!








Mirade como nos oragizamos e como o fixemos!!! 



E como remate da actividade: Cantamos!!!

mércores, 21 de febreiro de 2018

Compartindo a Rosalía

E seguimos de celebración ..Prepárate  a saír a fiestra que ti queiras!!!
Vémonos o venres!

martes, 20 de febreiro de 2018

Poemas de Rosalía

Le este poema, analízao, recítao e compárteo!














Miña casiña, meu lar

Miña casiña, meu lar, 

¡cántas onciñas 

de ouro me vals! 

Vin de Santiago a Padrón
cun chover que era arroiar,
descalciña de pe e perna,
sin comer nin almorzar.


Polo camiño atopaba
ricas cousas que mercar,
i anque ganas tiña delas,
non tiña para as pagar.

 

Nos mesóns arrecendía
a cousas de bon gustar,
mais o que non ten diñeiro
sin elas ten que pasar.

 

Fun chegando á miña casa
toda rendida de andar,
non tiña nela frangulla
con que poidera cear.

 

A vista se me barría,
que era aquél moito aunar.


Fun á porta dun veciño
que tiña todo a fartar;
pedinlle unha pouca broa
e non ma quixo emprestar.


As bagullas me caían,
que me fora a avergonzar.
Volvínme á miña casiña
alumada do luar;


rexistréi cada burato
para ver de algo atopar;
atopéi fariña munda,
un puñiño a todo dar.


Vino no fondo da artesa.
Púxenme a Dios alabar.
Quixen acendé-lo lume;
non tiña pau que queimar;


funllo a pedir a unha vella;
tampouco mo quixo dar,
si non era un toxo verde
para me facer rabiar.


Volvín triste como a noite
a chorar que te chorar;
collín un feixe de palla,
do meu leito o fun pillar;
rexistréi polo cortello
mentras me puña a rezar
e vin uns garabulliños
e fieitos a Dios Dar.


¡Meu San Antón milagroso,
xa tiven fogo no lar!
Arriméi o pote ó lume
con auga para quentar.


Mentras escarabellaba
na cinza, vin relumbar
un ichavo da fertuna...
¡Miña Virxe do Pilar!


Correndiño, correndiño
o fun en sal a empregar;
máis contenta que unhas páscoas
volvín a porta a pechar,
e na miña horta pequena
unhas coles fun catar.


Con un pouco de unto vello
que o ben soupen aforrar,
e ca fariñiña munda,
xa tiña para cear.


Fixen un caldo de groria
que me soupo que la mar;
fixen un bolo do pote
que era cousa de envidiar;
despóis que o tiven comido,
volvín de novo a rezar;
e despóis que houben rezado,
puxen a roupa a secar,
que non tiña fío enxoito
de haber tanto me mollar.


Nantramentras me secaba,
púxenme logo a cantar
para que me oíran
en todo o lugar:


 Meu lar, 

meu fogar, 

¡cántas onciñas 

de ouro me vals!


Tamén podedes elixir un destes poemas  que tan ben recitachedes cando erades máis pequerrechos!!! ou calquera outro que che guste.



Recordando a Rosalía de Castro no seu aniversario


O vindeiro  día 24 de febreiro Rosalía de Castro está de aniversario.

Como imos festexalo? 

ABRINDO UNHA FIESTRA


   
E que tes que facer? 
Cada un de vós, converterédesvos en cómplices de Rosalía, lendo as súas poesías, facendo debuxos dela, escribindo versos soltos ou poemas completos para que saian a luz desde as fiestras da biblioteca, das vosas casas... 


Seguriño que ides facer cousas ben fermosas!!!