Información familias
- Página principal
- O baúl de segundo
- O baúl de terceiro
- O baúl de cuarto
- Temario C. Naturais
- Temario C. Sociais
- Temario L. Galega
- Temario Lengua Castellana
- Temario Matemáticas
- LIM Naturais
- LIM Sociais
- LIM Lengua
- LIM Matemáticas
- Juegos lengua
- Temario Matemáticas 6º
- Temario L. Castellana 6º
- Temario C. Naturais 6º
- Plástica 6º
- Temario L. Galega 6º
- Temario C. Sociais 6º
- Galería de fotos 6º
- Saídas
- Os nosos traballos
- Biblioteca, actividades, libros, autores
- Os nosos traballos 6º
- Saídas e actividades extraescolares
- P.D.I. Vive o camiño de Santiago
luns, 31 de decembro de 2018
xoves, 27 de decembro de 2018
Merendola e chocolatada
Nada máis rematar o festival, no patio, todo estaba disposto para a merendola!

Pais e nais dos alumnos de 4º e 6ºA prepararon estes postres deliciosos.
Estaban... de vicio!
E a ANPA coa colaboración de Larsa, que donou o leite, convidáronnos a un chocolate ben quentiño. Mmmm, que rico estaba!
E para rematar a festa a visita de Papá Noel! Pequenos e grandes desfrutamos un montónnnnn
E... agora a descansar e cargar pilas para o vindeiro trimestre!!!
martes, 25 de decembro de 2018
venres, 21 de decembro de 2018
Ensaios e festival de Nadal
Onte e hoxe foron días de moitos nervios.
O festival que tanto levamos preparando coa profe Rosa, era o momento de polo en escea e aquí está!
Ensaios
Festival
Canto papi, mami, avoa, avó....
As presentadoras!! Que ben o fixeron!
Preparados para actuar cos pequerrechos de catro anos
Tamén actuamos cos pequerrechiños de 3 anos
E como non, cos compañeiros de cinco anos!
Sodes xeniais!!! Graciñas, profe Rosaaaa
xoves, 20 de decembro de 2018
Bo Nadal
Xa está apiques de
rematar o trimestre. Queda o día máis divertido: festival e chocolatada.
As profes Rebeca e
M. José queremos aproveitar esta penúltima entrada no blog para dexarvos a vós
e as vosas familias un feliz Nadal.
Aproveitade as
vacacións para descansar, rir, xogar, cantar… e estar en boa compañía.
Aquí vos deixamos unhas
panxoliñas para que vos animedes a cantarrrrr
E.... agora este KaraoKe
Recomendacións seguridade infantil en tabletas android e ordenadores
Nos seguintes vídeos tedes un titorial de como descargar
unha app que nos permita configurar unha seguridade infantil en tabletas
android
E para configurar a seguridade infantil nun ordenador preme no enlace
Cómo activar y configurar el control parental de Windows 10
mércores, 19 de decembro de 2018
Visita o Asteleiro da Pasaxe: Construción do volanteiro guardés
Hoxe tivemos o privilexio de visitar
o Asteleiro da Pasaxe, alí puidemos ver en vivo e directo como están construíndo a
embarcación tradicional “ volanteiro guardés”.
Antes da saída, estivemos recordando
como comezou a súa elaboración, que
materiais utilizan para a súa construción…

Que ben se apreciaban os traballos minuciosos e que sorpresa levamos, desde abaixo non parecía tan grande como é !!!
Cando chegamos ao Asteleiro estaban
Tito, Tomás, membros da Asociación
Cultural de Embarcacións Tradicionais
PIUEIRO esperándonos.
Despois de presentarnos, comezaron as súas explicacións que escoitamos con moita atención.
Nós estabamos impacientes e rapidamente comezamos a facerlles preguntas que foron contestadas unha por unha.
E… algo que non esperabamos. Deixáronnos subir a embarcación!
Que ben se apreciaban os traballos minuciosos e que sorpresa levamos, desde abaixo non parecía tan grande como é !!!
Graciñas a Asoción Piueiro por brindarnos a posibilidade desta visita sorprendente,
instructiva e que sempre recordaremos na nosa memoria.
Resumo da actividade
martes, 18 de decembro de 2018
luns, 17 de decembro de 2018
Taller de ortografía e gramática
O taller de ortografía e gramática segue activo!
Custounos un chisco, pero pouco a pouco fomos facéndonos con eles!
sábado, 15 de decembro de 2018
mércores, 12 de decembro de 2018
Teatro: Espantallo amigo

Pouco a pouco, fomos descubrindo unha historia sorprendente, chea de xenerosidade e amizade da man das personaxes: o Tío Ramón de Reborneda, os merlos, o espantallo, o can Penexo, o grilo, o gato Xirimía, as nubes e dous irmáns moi pobres.
E... hoxe, fomos ao Centro Cultural, para ler doutro xeito o libro das mans do grupo Quinquilláns.
Estabamos espectantes e desexosos por comenzar!
O espantallo que fixo o Tío Ramón,
non é un espantallo calquera. A súa misión non era salvar os figos, en
realidade era para facer que os habitantes do pobo se axudanse uns a outros e
fosen amigos.
Cando acada o seu obxectivo, decide iniciar unha viaxe aproveitando o vento para ver o mundo. Desde o alto, descobre a unha parella de nenos moi pobres.
A súa xenerosidade é tanta, que decide deixar de existir para darlles todo o que ten: roupa, comida, leña, palla e calzado para que poidan pasar un bo inverno.
Durante a representación houbo
momentos para as risas, para cantar e mesmo para bailar pero sobre todo para
pensar e reler o libro de novo.
Foi unha experiencia xenial! Como nos gustou!!!
Bótadelle un ollo ao vídeo!
Bótadelle un ollo ao vídeo!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)