domingo, 15 de abril de 2018

Descubrindo a María Moreno

Neste trimestre, imos dedicar un tempiño a investigar  as mulleres que foron homenaxeadas polo Día da Letras Galegas, seguindo a invitación do Equipo de Dinamización Lingüística.

Dende que no 1963 a Real Academia Galega decidiu honrar cada ano a memoria dunha persoa que se distinguise pola súa achega ao universo literario galego e á súa fala. O primeiro nome foi o da gran Rosalía de Castro, aproveitando que naquel ano se celebraba o centenario da edición da súa obra con máis sona "Cantares Gallegos".

Este ano celébrase a LIV edición do Día das Letras, e a homenaxeada vai ser outra muller: MARÍA VICTORIA MORENO

Estivemos investigando por grupos. Fixemos a posta en común. Entre todos eliximos o que nos pareceu máis significativo da súa biografía e da súa obra.



A continuación baixamos a entrada do cole e alí pegamos a información recompilada para compartila con todos os compañeiros do cole. 


Seguiremos investigando!

Ningún comentario:

Publicar un comentario