domingo, 22 de abril de 2018

Día do libro

Como ben sabedes o Día Mundial do libro e do Dereito de Autor, celébrase o 23 de abril. Esta é unha conmemoración a nivel internacional co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor. Durante esta xornada tentamos seguir animando a todos a descubrir o pracer da lectura.

Hoxe ímolo celebrar dun xeito especial.

Como o faremos?

Primeiro reflexionando sobre esta frase e este vídeo

Un dos maiores e máis valiosos aprendizaxes que puido obter o home foi  ter aprendido a ler.



Despios iremos á Residencia da Terceira Idade para compartir lecturas cos nosos maiores. Tamén os agasallaremos co marcapáxinas que elaboramos para esta ocasión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario