luns, 23 de abril de 2018

Así celebramos o Día do Libro

Comentamos esta frase "Un dos maiores e máis valiosos aprendizaxes que puido obter o home foi  ter aprendido a ler"

Preparámonos para a saía cara a Residencia da Terceira Idade: árbore, diademas, vestimentas, o marcapáxinas conmemorativo... e uns libriños que fixemos.





Pero ... que íamos facer alí? 

LER, e escenificar algunhas desas fábulas que os nosos maiores coñecen tan ben porque as leron no cole cando eran nenos, porque llelas contaron aos seus fillos e netos e porque lles siguen gustando moito polas súas moralexas. 



Lemos: 

O labrego e a cegoña





As moscas
                                      O zagal e as ovellas





A cigarra e a formiga 
O camello e a pulga


Escenificamos: O leopardo e as monas 



Os nenos e o oso 





















Despois, os avós e avoas recitaron algunha fábula que recordaban de cando eran nenos, cantáronnos as cancións da súa infancia, nós sabiamos algunha e cantámola con eles. 

Para rematar esta celebración tan especial, agasallámolos cuns libriños de fábulas!


Foi un día moi, moi enriquecedor e fantástico! 


Pronto volveremos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario