Amosando publicacións coa etiqueta Día do Libro 2018. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día do Libro 2018. Amosar todas as publicacións

xoves, 3 de maio de 2018

Semana do libro

Na semana do libro, recibimos unha sorpresa estupenda!

Os  pequerrechiñosos do cole, achegáronse a nosa clase para representar o conto que tanto traballaron para esta celebración.


Representaron estupendamente o conto: As ratiñas presumidas


Mirádeos!!!!! 



Que ben o fixéchedes!!!! Sodes uns artistas! 
Graciñasssss campiónssss

mércores, 25 de abril de 2018

Seguimos celebrando o Día do Libro!

Hoxe, foi un día especial no cole!

_Por que?

_Porque celebramos o Día do Libro cos nosos afilladosssss



Na hora de ler, fomos buscar aos nosos afillados para compartir con eles  a lectura deses libros que tanto lles gustan a eles e a nós.



Como desfrutamos todos! 
Recorda:

Os libros sempre están a túa disposición, nunca están ocupados!!!

luns, 23 de abril de 2018

Así celebramos o Día do Libro

Comentamos esta frase "Un dos maiores e máis valiosos aprendizaxes que puido obter o home foi  ter aprendido a ler"

Preparámonos para a saía cara a Residencia da Terceira Idade: árbore, diademas, vestimentas, o marcapáxinas conmemorativo... e uns libriños que fixemos.





Pero ... que íamos facer alí? 

LER, e escenificar algunhas desas fábulas que os nosos maiores coñecen tan ben porque as leron no cole cando eran nenos, porque llelas contaron aos seus fillos e netos e porque lles siguen gustando moito polas súas moralexas. 



Lemos: 

O labrego e a cegoña





As moscas
                                      O zagal e as ovellas





A cigarra e a formiga 
O camello e a pulga


Escenificamos: O leopardo e as monas 



Os nenos e o oso 





















Despois, os avós e avoas recitaron algunha fábula que recordaban de cando eran nenos, cantáronnos as cancións da súa infancia, nós sabiamos algunha e cantámola con eles. 

Para rematar esta celebración tan especial, agasallámolos cuns libriños de fábulas!


Foi un día moi, moi enriquecedor e fantástico! 


Pronto volveremos!!!

domingo, 22 de abril de 2018

Día do libro

Como ben sabedes o Día Mundial do libro e do Dereito de Autor, celébrase o 23 de abril. Esta é unha conmemoración a nivel internacional co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor. Durante esta xornada tentamos seguir animando a todos a descubrir o pracer da lectura.

Hoxe ímolo celebrar dun xeito especial.

Como o faremos?

Primeiro reflexionando sobre esta frase e este vídeo

Un dos maiores e máis valiosos aprendizaxes que puido obter o home foi  ter aprendido a ler.



Despios iremos á Residencia da Terceira Idade para compartir lecturas cos nosos maiores. Tamén os agasallaremos co marcapáxinas que elaboramos para esta ocasión.

mércores, 18 de abril de 2018

Lemos a prensa


Hoxe, coma todos os mércores, recibimos a Voz de Galicia. Unha das novas que nos chamou a atención está moi relacionada coas actividades que estamos realizando esta semana pola vindeira celebración do Día do libro e do Dereito de Autor.

Lemos, debatimos e... fomos recordando todo o que sabemos sobre este día.


Quedamos en seguir investigando e lendo!!!



martes, 17 de abril de 2018

Concurso marcapáxinas


Desde a biblioteca invitáronnos a participar no concurso de debuxo para elaborar o marcapáxinas conmemorativo do Día do Libro.


Na hora de ler baixamos a biblioteca e puxémonos mans a obra! 




Todos rematadiños e ben fermosos chegaron ao xurado. 
Esta é a gañadora en plena acción!!!! Este foi o sedu  debuxo!!! 


Parabéns a tod@s e especialmente a Sara!!

luns, 16 de abril de 2018

Próxima celebración: Día do Libro


A celebración do Día do libro remóntase a principios do século XX.


A historia do libro faise festiva e imos facer varias actividades literarias ó longo desta semana. O vindeiro luns  23, celebrarémolo dun xeito especial



Cal  é a orixe do día do libro?

Esta celebración vense levando a cabo desde 1926.  A Conferencia Xeral da Unesco, escolleu esta data tan simbólica para a literatura universal por coincidir o día 23 de abril  con feitos especiais como o finamento en 1616 dos escritores: Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. Tamén nun 23 de abril naceron ou finaron outros escritores  como: Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla o Manuel Mejía Vallejo.




Pero houbo que esperar hasta 1995 para que se convertera nunha FESTA MUNDIAL. O Día do libro foi proposto pola  Unión Internacional de Editores, e presentada polo goberno español á Organización da Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura ( UNESCO).



Nesta data rendemos unha homenaxe mundial aos libros e os seus autores, e animar a todos a descubrir o pracer da lectura!