Información familias
- Página principal
- O baúl de segundo
- O baúl de terceiro
- O baúl de cuarto
- Temario C. Naturais
- Temario C. Sociais
- Temario L. Galega
- Temario Lengua Castellana
- Temario Matemáticas
- LIM Naturais
- LIM Sociais
- LIM Lengua
- LIM Matemáticas
- Juegos lengua
- Temario Matemáticas 6º
- Temario L. Castellana 6º
- Temario C. Naturais 6º
- Plástica 6º
- Temario L. Galega 6º
- Temario C. Sociais 6º
- Galería de fotos 6º
- Saídas
- Os nosos traballos
- Biblioteca, actividades, libros, autores
- Os nosos traballos 6º
- Saídas e actividades extraescolares
- P.D.I. Vive o camiño de Santiago
martes, 23 de outubro de 2018
luns, 22 de outubro de 2018
Imos celebrar o Día das Bibliotecas
O vindeiro mércores, aproveitamos a celebración do Día das
Bibliotecas Escolares para Inaugurar un novo curso na nosa BiblioPepiño. Volvemos á rutina!
Volvemos a nosa biblioteca tanto pequenos como grandes, para elixir novos libros, para non parar de ler.
O luns, comezamos as actividades para celebralo!
Recordade sempre:
A biblioteca é un
espazo máxico para a ciencia, para a imaxinación, para a investigación, para
aprender, para ler….

Agora tocan novos descubrimentos!
Cada visita á
biblioteca é coma o inicio dunha gran viaxe.
Ven á biblioteca, elixe
libros, le un ratiño, lévao emprestado para casa e alí, sigue lendo.
E... recordade que os pequerrechos do cole precísanvos para camiñar entre os libros, por eso ides a ser os axudantes da biblio, os seus padriños e madriñas.
domingo, 21 de outubro de 2018
Pintamos na galaxía" A Guarda escrita nas estrelas
O pasado venres, participamos no
pintado do espigón, unha actividade do proxecto “ A Guarda escrita nas estrelas”
Os seus autores Nuria e Alberto estaban esperándonos!
Nuria contounos que a súa intención era plasmar no dique unha galaxia no universo a que lle puxeron o nome “ A Garda escrita nas estrelas” Tamén nos explicaron porque pintaron o muro de cor azul: querían que fose unha fusión entre o ceo e o mar.
Foi explicándonos que no
muro están representadas as parroquias da Guarda, Salcidos e Camposancos cos
seus elementos máis representativos, as Marcas dos mariñeiros e as estrelas que
forman esta galaxia.
Así mesmo, non se quixeron esquecer
da parte literaria, recordando ao poeta guardés, Feliciano Rolán cos frases do seu
libro “ De mar a mar”
A nosa aportación foi moi sinxela
pero emocionante. Pintamos con sprai e usamos plantillas.
Non puidemos pasar sen facer unhas fotos xunto a rosa dos ventos
e ao dono do porto, un cormoran que vive nel.
Non puidemos pasar sen facer unhas fotos xunto a rosa dos ventos
e ao dono do porto, un cormoran que vive nel.
Xa temos a nosa pequena aportación neste enorme escaparate cargado de historia!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






