luns, 6 de maio de 2019

Xornada de Educación Vial


Hoxe tivemos unha xornada de Educación Viaria a cargo da Dirección Xeral de Tráfico e da Garda Civil de Tráfico de Porriño.


A primeira das actividades que nos tiñan preparadas, foi unha charla moi interesante e intensa, polo do sarxento Daniel Castelo. Nela foinos explicando e recordando moitas das normas de seguridade  e sinais de circulación que temos que coñecer e cumprir tanto cando imos cos nosos pais e avós no coche,  cando imos en bici e mesmo cando somos peóns.



O que máis nos chamou a atención, foron algún dos vídeos que nos puxo, porque nos fixeron pensar nalgunhas das cousas que facemos mal por costume ou que non coñecíamos e das consecuencias irreparables que poden ter como cando baixamos do bus, onde por as mochilas e outros materiais para que en caso un choque non nos firan.

Foi unha charla xenial e que nos gustou un montón!



A seguinte das actividades, era un circuíto que nos tiña montado no patio a DXT. Tivemos que esperar un pouco a que a remataran os compañeiros de 5º



Que impacientes estabamos!! 









En canto remataron, rapidamente nos puxemos os chalecos, cascos e aos karts… cintos postos e a conducirrr!!



Alí puxemos en practica todo o que nos explicara Dani na charla pero, algún de nós, polos nervios, por non controlar ben os pedais, ou porque o compañeiro de diante freaba de súpeto chocamos. Tamén nos esquecemos dalgún sinal.










Con esta experiencia, démonos conta da importancia das sinais de tráfico, da atención que temos que ter sempre para evitar accidentes.




Para rematar a xornada, os gardas civís Miguel e Miguel Gil, estaban esperándonos cos seus vehículos de traballo, un coche de tráfico e unha moto.



Explicáronos e deixáronos entrar no coche, ver onde teñen as emisoras e como funcionan, por as luces de emerxencia, as serenas, a megafonía e tamén vimos o maleteiro coas sinais que utilizan cando teñen que ir a un accidente para axudar os accidentados e evitar outros accidentes.

















E como remate, subimos a motooooo e..... 



















a profe tamén!!
















Que divertido foi descubrir que teñen megafonía, que solo son para unha persoa porque  tamén levan unha emisora e megafonía.



Foi un éxito total!!!!

Solo nos queda dar as grazas a DXT e a Garda Civil de Tráfico por deixarnos ter esta xenial experiencia!!.

O noso mural do Pórtico da Gloria

Durante varias semanas estivemos investigando  sobre O Pórtico da Gloria.


Para nós, foi moi gratificante ir descubrindo cada unha das distintas partes da obra mestra do Mestre MATEO, así como algunha das lendas sobre o mesmo.



Pero , o que máis nos sorprendeu, foi comprobar algo que xa sabíamos pero que non acababamos de entender, o  uso gráfico por parte de igrexa para ensinar aos seus  fieis as ensinanzas biblicas, xa que a xente non sabía ler.

Entre todos decidimos facer un mural sobre este. Tentamos imitar a pedra pintándoo con té.







Finalmente  puxémoslle etiquetas as partes fundamentais como avaliación do que aprendemos. 

Así foi como o fixemos!!




Estamos desexando que chegue o día 11 de xuño para poder ver en vivo e directo esta obra mestra do románico e comprobar todo o que aprendemos!!


domingo, 5 de maio de 2019

La aliteración y la repetición


 Son los recursos literarios que se emplean para hacer más expresivo el lenguaje y transmitir sensaciones.:
Aliteración: consiste en repetir un mismo sonido dentro de uno o  varios versos: el ruín rufían corría raudo.

Repetición : consiste en repetir una palabra o expresión para reforzar alguna idea o algún sentimiento: reía y cantaba, cantaba y reía.

2º Etapa de Labruge- Pòvoa de Varzin


Investigamos un montón sobre esta etapa  de LABRUGUE  PÒVOA DE VARZIM.

Pouco a pouco, fomos descubrindo os lugares e sitios de interese de cada unha das localidades polas que pasa o Camiño.
Para nós foi toda unha sorpresa descubrir un chisco da historia do país veciño.
Este é o resultado final que queremos compartir con todos.