Breve reseña
María Victoria Moreno
Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 - Pontevedra, 2005), licenciada
en Filoloxía Románica pola universidade de Madrid, en 1963 conseguiu unha praza
de profesora nun instituto de Pontevedra, establecéndose en Galicia. A súa
identificación co noso país foi tan intensa que de seguida aprendeu o galego e o
convertiu na súa lingua. Desde entón, toda a súa obra literaria está escrita en
galego. Unha parte dela son contos e novelas dedicadas ao público infantil e
xuvenil, como Leonardo e os fontaneiros, Mar adiante, O cataventos e Festa no
faiado. A súa novela Anagnórise, xa traducida ao castelán, obtivo un grande
éxito entre os lectores, e figura na lista de honra do IBBY de 1990. Con
Guedellas de seda e liño recibiu unha mención especial White Ravens 2002.
Colaborou na redacción de libros de texto e dirixiu a colección
"Árbore" da Editorial Galaxia dende 1988, ano da súa creación.
OBRAS DA AUTORA
Ningún comentario:
Publicar un comentario