Información familias
- Página principal
- O baúl de segundo
- O baúl de terceiro
- O baúl de cuarto
- Temario C. Naturais
- Temario C. Sociais
- Temario L. Galega
- Temario Lengua Castellana
- Temario Matemáticas
- LIM Naturais
- LIM Sociais
- LIM Lengua
- LIM Matemáticas
- Juegos lengua
- Temario Matemáticas 6º
- Temario L. Castellana 6º
- Temario C. Naturais 6º
- Plástica 6º
- Temario L. Galega 6º
- Temario C. Sociais 6º
- Galería de fotos 6º
- Saídas
- Os nosos traballos
- Biblioteca, actividades, libros, autores
- Os nosos traballos 6º
- Saídas e actividades extraescolares
- P.D.I. Vive o camiño de Santiago
martes, 31 de outubro de 2017
Tema 5 Sociais. A Idade Media
Tema 5 C. Sociais | A idade Media |
O longo período medieval | Canto durou a Idade Media? A Idade Media, os pobos xermánicos |
A sociedade medieval | O feudalismo e a sociedade medieval Organización social na Idade Media Como se vivía na Idade Media A Idade Media en dez minutos |
A chegada dos visigodos e os musulmáns | Que foi o reino de Toledo? Que foi Al-Andalus? Como se vivía en Al-ándalus? |
Os novos reinos cristiáns | Orixe e formación dos reinos cristiáns Sitúa cada reino cristiá LIM: Os reinos cristiáns Os Reis Católicos |
A cultura nos reinos cristiáns | Como se vivía nos reinos cristiáns Por que xa non falamos latín? Unha cultura moi relixiosa O románico O gótico |
Unha época de guerra e convivencia | |
Repaso Curiosidades | A Idade Media en dez minutos Esquema A idade Media I Curiosidades Como se divertían na Idade Media Orígenes del culto al Apostol Santiago |
Autoavaluación | LIM: A Idade Media Canto sabes da Idade Media? |
luns, 30 de outubro de 2017
Inaguración de BiblioPepiño
O venres, como ben sabedes, foi a inaguración da biblioteca. Pinchade na imaxe para recordala e mirade se vos atopades con vosos afillados e afilladas.
domingo, 29 de outubro de 2017
sábado, 28 de outubro de 2017
O gótico
A
arte gótica desenvolveuse nas cidades na Baixa Idade Media.
O
rexurdir das cidades e o diñeiro do comercio dos burgueses permitiu a
construción de grandes catedrais e edificios civís: sobre todo os pazos, casas
do concello, lonxas, hospitais, universidades...
No
gótico a imaxe de Deus é máis humana e misericordiosa. Foi un arte máis
naturalista e realista.
Na
arquitectura gótica destaca a ansia de elevar os edificios, de verticalidade (
ansia de Deus, de tocar o ceo) e o afán pola luz. Os muros perden a función de
soporte e son reemprazados por vidreiras.
As
características fundamentais son:
Elementos
de soporte:
Muros
de pedra lixeiros e reemprazados por vidreiras. Dan aos edificios unha imaxe de
lixeireza e que no seu interior haxa
moita luz.
Os
pilares e columnas adelgazan.
Os
contrafortes sepáranse dos muros e sobre eles
se apoian os arcobotantes.
Elementos
soportados:
Arco
apuntados ou oxivais,
Bóvedas
de crucería, formada polo cruce de varios arcos apuntados e que descansan sobre
finas columnas, que transmiten o peso das cubertas aos arcobotantes e
contrafortes.
Planta
de cruz latina coa nave central moi elevada e coa cabeceira moi desenvolvida.
Poden chegar a ter ata cinco naves ou máis.
Etiquetas:
1º Trimestre Sociais,
3º Trimestre Sociais,
Idade Media,
O gótico,
Proxecto: O paso da historia,
REcursos Proxecto O paso da hstoria,
Tema 5 C. Sociais
venres, 27 de outubro de 2017
Proxecto táctil
Onte fomos ao Centro Cultural para participar no Proxecto táctil. Esta actividade foi moi divertida e útil para facernos conscientes da importancia que teñen os nosos sentidos.
O románico
A
presenza da igrexa cristiá na vida da Alta Idade Media ten a súa parte máis
visible na arte románica. O románico ( S XI - XIII) chamado así porque recordaba
a arte romana, pretende achegar aos crentes a Deus. Esta influencia da relixión
na arte déixase sentir na arquitectura, escultura e pintura.
Podemos
ver o románico tanto en igrexas pequenas e grandes templos ou nos mosteiros.
Características
propias do románico
Elementos
de soporte:
Muros
de pedra grosos con escasas ventás e
aberturas.
Pilares
e columnas con capiteis decorados.
Contrafortes:
pilares adosados ao exterior dos muros para axudar a soportar o peso das
cubertas.
Elementos
soportados:
Arcos
de medio punto ( media circunferencia)
Bóveda
de canón, formada pola prolongación do arco de medio punto.
Pinturas
e esculturas con cores.
Planta
Planta
de cruz latina: brazo lonxitudinal máis longo que o transversal. Normalmente
ten tres naves: unha central máis alta que as dúas laterais.
Planta
basilical: Un só brazo, lembrando ás basílicas romanas.
xoves, 26 de outubro de 2017
Xosé Tomás na biblioteca!!!
Por fin chegou o gran día da biblioteca!
Arrancamos coa primeira das actividades propostas para a celebración do Día das Bibliotecas Escolares: A visita do ilustrador Xosé Tomás!!!!!
Unha cultura moi relixiosa
Na
Europa medieval estaban presentes tres relixións: cristiá, xudea e musulmá.
Pero destas tres, a maioritaria e a que máis influencia tivo foi a cristiá.
A
igrexa xogaba un importante papel na cultura medieval. Os monxes dos mosteiros
eran os verdadeiros gardiáns da cultura. Nas súas bibliotecas, os monxes
copistas copiaban texto relixiosos, científicos, filosóficos... eran os
códices. Moi coñecido é o Códice Calixtino da Catedral de Santiago, que inclúe
unha especie de guía de viaxe para o peregrino.
Por
outra banda a sociedade cristiá er moi relixiosa. Ademais de mosteiros para o
clero, en cada aldea e cidade construíase unha igrexa de pequeno tamaño ou unha
gran catedral.
As
igrexas decorábanse con esculturas e pinturas de historias sagradas para que os
fieis menos cultos puideran entender a biblia como un libro ilustrado.
As
normas para construír impoñíaas a igrexa.
Os
dous estilos principais foron o románico ( partiu da Abadía de Cluny, Francia)
e o gótico (partiu desde o mosteiro de Citeaux e os seus monxes cistercienses)
Polo
tanto, a arte da Idade Media ten unha motivación relixiosa e cristiá.
mércores, 25 de outubro de 2017
Por que xa non falamos latín?
Nos
reinos cristiáns só o clero e a nobreza dominaban o latín. O clero era o
estamento máis culto e conservaban grandes bibliotecas nos mosteiros.

Pasado
un tempo estas linguas foron impoñéndose ao latín.
martes, 24 de outubro de 2017
Coñecendo ao ilustrador Xosé Tomás
Estes días andivemos investigando quen era o ilustrador Xosé Tomás, o autor do cartel do cartel das bibliotecas escolares, deste ano 2017.
Hoxe, Día das Bibliotecas Escolares, quixemos celebralo deste xeito
Primeiro observamos algúns dos libros que ten ilustrados e que estaban na biblioteca do cole. Refollamos cada un deles e fixámonos en cada unha das súas ilustracións.
Que chulas e divertidas!
Como nos gustaron!!!
E para rematar, entre todos, contamos o que investigaramos sobre a súa biogafía, obras e tamén preparamos unhas preguntas para facerlle mañá.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)