luns, 2 de outubro de 2017

Experiementamos: A xerminación dunha planta

Estamos estudando a reprodución das plantas e quixemos comprobar por nos mesmos como sucede a xerminación dunha planta.
Ø Primeiro que fixemos foi por entre algodón  nun recipiente unhas fabas, lentellas ou garavanzos.

Ø Regamos cun chisco de auga e puxémolos cerquiña dunha ventá.





Ø Aos dous días vimos que as fabas, lentellas e garavanzos estaban inchados e empezaban a abrir.

 

Ø Pasados uns días comeza a saír una pequena raíz e unha ramiña pequerrecha.
 
Ø Regamos un pouco, comprobamos como as raíces e o talo van medrando.









 Ø Por último comprobamos como as raíces medran e aparecen os pelos absorbentes; como medran os talos e as fabas forman parte dos talos.



Este é o vídeo que resume todo o proceso de experimentación!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario